Tuesday 14 de May de 2024

A pista polideportiva do Sanguiñal acollerá mércores as “Noites de cine” de Lousame, coa proxección de “Arrugas”


A pista polideportiva do Sanguiñal acollerá mércores 22 de agosto, ás 22:00 horas, a última sesión das “Noites de cine” organizadas polo Concello de Lousame. Nesta ocasión, proxectarase a película “Arrugas”, un filme de animación galego baseado no álbum de banda deseñada do mesmo nome do debuxante Paco Roca. Dirixida por Ignacio Ferreras e cunha duración de 89 minutos, “Arrugas” é un achegamento ao mundo do alzheimer a través da historia de dous anciáns nun xeriátrico. No caso improbable de choiva, a proxección trasladaríase ao auditorio da Casa da Cultura.